Somos un grupo de persoas pertencentes a Saúde Mental FEAFES Galicia e as súas asociacións federadas, que intentamos traballar a favor dos nosos dereitos e contra o estigma asociado aos problemas de saúde mental.
Con ese obxectivo, creamos o Comité Galego en Primeira Persoa, constituído o 2 de novembro de 2017 na sede de FEAFES Galicia en Santiago de Compostela.
Por medio deste Comité, créase un marco de diálogo e debate orientado ao logro de acordos e á posta en marcha de accións concretas, sendo, ademais, un espazo de intercambio de información e inquedanzas onde tratar temas relacionados coa saúde mental que nos afectan e nos preocupan.