Despois de ter que aguantar e soportar durante os gobernos de M. Rajoy unha subida de todas as pensións dun raquítico 0,25% ( o que implicaba unha subida dun só euro ao mes no caso das P.N.Cs.), a chegada de Pedro Sánchez á Presidencia do Goberno foi como un alivio, con respecto aos gobernos do PP, para os que cobramos este tipo de pensións. Subidas xa moito máis decentes—de 12 e 18 euros aproximadamente– as dúas últimas, antes da maior subida que experimentaron as P.N.Cs. creo que na súa historia.
O pasado mes de xullo de 2022, a través dun acordo con EH—Bildu, as pensións non contributivas subiron en España un 15%, o que implicou en termos numéricos, un incremento de máis de 63 euros ao mes, de 421€ a 484,6€ mensuais. Dende logo, a pesares de que siguen sendo unhas prestacións aínda moi baixas, foi un salto cara a enriba bastante importante.

Con esta reforma das pensións feita polo Ministerio de Seguridade Social, que preside José Luis Escrivá, está previsto que as pensións non contributivas suban aproximadamente un 22% ata 2027, o que se traducirá un aumento en termos numéricos dos 484€ actuais a preto de 600€ mensuais dentro de catro anos.
Por outra banda, aquí en Galicia os que cobramos P.N.Cs. temos 14 pagas e media, máis ou menos, debido ao complemento autonómico da Xunta de Galicia parta estas prestacións non contributivas. Despois de bastantes anos co complemento autonómico conxelado nos 206 euros, este ano 2023, aparte de adiantar o seu cobro máis de medio ano, pasouse dos 206€ aos 218€. Tamén iba sendo hora de actualizar este complemento á inflación imperante no periodo actual.
Agardo que esta información sexa de utilidad para os lectores do noso blog e do noso facebook.
Un saúdo
José (Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal).
Parabéns polo escrito. Informar e aclarar as cousas para que se saiba quen o fixo (en especial pensando nas eleccións) é importantísimo. Moitas grazas por facelo con tanto detalle e corrección.
Me gustaMe gusta