En defensa dos dereitos básicos no mercado laboral

Estreamos novo mes, concretamente o número cinco, e con el escribimos na honra das traballadoras e traballadores. 

Este día 1 de maio foi festivo internacional, o cal non quere dicir que o mundo laboral faga parón e todas e todos esteamos de día festivo, pois a vida continúa xunto cos problemas e as persoas seguimos a ter que traballar e aportar. Ademais, dependendo do tipo de emprego houbo traballadora e traballadores que tiveron que acudir ao seu posto.

Neste Día Internacional dos Traballadores e Traballadoras, queremos destacar algúns datos. O que publica e recolle o Instituto Nacional de Estatística (INE) aló polo ano 2020 é que as persoas con problemas de Saúde Mental acadaron unha taxa de emprego do 17,1%, o que aumenta unha raquítica cantidade de dúas décimas con respecto ao 2019, ano no cal a taxa de emprego foi do 16,9%. Pero sen embargo, consultando outras fontes fiables, vemos que no ano 2021, onde a taxa de emprego foi do 17,7% vemos unha millora de seis décimas con respecto ao ano 2020,que foi do 17,1%.

Tanto a OIT (Organización Internacional do Traballo) como a OMS ( Organización Mundial da Saúde) aló polo 28 de setembro do 2022 piden novas medidas para tratar os problemas de saúde mental no traballo. As cifras dinnos que cada ano se perden 12.000 millóns de días de traballo debido a depresión e ansiedade, que trae consigo custes á economía mundial de case un billón de dólares, equivalendo a 906.280.000.000,00 €. Isto son meros datos económicos pois o que prima é o sufrimento humano, o cal queremos erradicar pedindo ferramentas, máis especialistas e concienciación mundial.

A OMS, nas súas directrices mundiais aposta pola saúde mental no traballo recomendando medidas para facer fronte aos riscos para a saúde mental. Entre eles está a carga de traballo, os comportamentos negativos e outros factores que provocan angustia no traballo. Ate esta realidade, recomendan por primeira vez a formación de directivos para que poidan previr as contornas laborais de tensión e dar respostas ós e ás traballadoras que sofren.

Segundo o Informe Mundial da Saúde Mental da OMS, publicado en xuño do 2022, o 15% dos adultos en idade de traballar experimentaron un problema de saúde mental. O traballo aumenta a intensidade dos problemas sociais que afectan diariamente de xeito negativo á saúde mental, como a desigualdade e discriminación. Pois non é o mesmo traballar e non poder pagar unha consulta privada de psicoloxía por exemplo que dispor de diñeiro para este tipo de necesidades e atender a tempo os posibles problemas como pode ser conciliar mal o sono e non descansar as horas necesarias para estar ben de saúde.

Para coidar a saúde mental dos traballadores é importante tamén coidar o entorno de traballo. No ámbito laboral existe un alto porcentaxe onde se producen intimidación e violencia psicolóxica ( tamén coñecida como «mobbing»), factores que repercuten negativamente e teñen un impacto negativo en saúde mental, tanto en homes como en mulleres.

Falar ou revelar a saúde mental segue a ser un tema tabú nas contornas laborais de todo o mundo. Segundo o noso entender como Comité, este estigma prodúcese por falta de empatía e capacidade para poñerse no lugar do outro, falta de sensibilidade, descoñecemento e necesidade dunha cultura implicada en intelixencia emocional e coñecemento e indagación do eu interior.

Claro que somos conscientes de que no entorno laboral sería interesante crear un bo ambiente inda que non se comente con todo o equipo os problemas persoais, pero si sería interesante dispoñer de profesionais cos /coas que tratar asuntos de índole mental (problemas que nos desbordan, traumas, complexos, inseguridades, etcétera).

Entón, xorde unha pregunta: Como de importante e necesario é atender as necesidades dos e das traballadores con problemas de saúde mental? Ante esta pregunta existen varias propostas baseadas en intervencións que apoien a súa reincorporación ao traballo. Nos casos de padecer problemas graves de saúde mental ofertar intervencións que faciliten a incorporación ao emprego debidamente remunerado.

O doutor Tedros Adhanom Ghebreyesus, director xeral da OMS, di o seguinte «é hora de centrarse no efecto prexudicial que o traballo pode ter na nosa saúde mental». Pois apoia que «o benestar do individuo é razón suficiente para actuar. Pois unha mala saúde mental tamén ten un debilitante impacto na produtividade e rendemento de unha persoa. É un xeito de previr situacións e culturas laborais negativas e ofrecer unha protección e apoio á saúde mental moi necesario para os /-as traballadores.”

Aquí queremos incidir na necesidade de crear un bo ambiente laboral, traballo en equipo e sen tanta competitividade.  Aportar, motivar e incentivar economicamente o tempo e esforzo da e do traballadora. 

A OMS e a OIT, posúen e propoñen un documento no que explican as directrices da OMS en forma de estratexias, tanto no ámbito privado coma no público. Co obxecto de apoiar a prevención dos riscos para a saúde mental, protexer e promover a saúde mental, no traballo e apoiar ás persoas con problemas de saúde mental e que poidan participar e prosperar no mundo do traballo. Destácase a inversión e o liderado para aplicar estas estratexias.

Non hai por que deixar de interactuar nin separar a ninguén por ter ou non unha discapacidade , o bo e enriquecedor é xuntar, porque todas e todos podemos aportar e sempre temos limitacións, aínda que a nosa saúde sexa óptima.

Antes de rematar consideramos necesario mencionar unhas palabras do Director Xeral da OIT: Guy Rydar: «Xa que as persoas pasan gran parte da súa vida no traballo, é fundamental contar cun entorno laboral seguro é saudable. Temos que inverter para construír unha cultura de prevención en favor da saúde mental no traballo, reformar o entorno laboral para rematar co estigma e a exclusión social, e  garantir que os/ -as empregados con problemas de saúde mental se sentan protexidos e apoiados.

Rematar escribindo a importancia de estar activos /-as laboralmente e ter uns soldos dignos, sempre dende a profesionalidade, o respecto, a ética, a moral, o apoio, a motivación, a reciclaxe de coñecementos e formación adaptada e continuada. Todo o que sexa mellorar, aportar, innovar, investigar; ben vido sexa!

Lembrar que non nos podemos permitir perder os dereitos acadados como traballadores /-as. Hai moito polo que loitar e defender.

Saúdos e moitas grazas por lernos e seguirnos! 

Photo by Pavel Danilyuk on Pexels.com

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.