Desta vez imos a escribir algo para este mes de marzo. O certo é que xa imos máis aló da metade de este mes, pero non é motivo para deixarse levar por vagas excusas, deixando de lado a escritura.
Pois cada día, por pequeno que pareza o cambio, así a primeira vista, é ou pode chegar a ser ben diferente.
Dándolle voltas á cachola, alá nos deu por encender o trebello tecnolóxico e collendo sinal de Internet, aló fomos ao buscador preferido a buscar a páxina de Nacións Unidas. Mirando este mes,vemos que deu comezo o día un sendo o Día da Cero Discriminación.
Tema moi necesario tratar dende o nóso colectivo ata chegar á definitiva extinción de calquer tipo de discriminación.
Seguimos a ler , e vemos que se tratan variedade de temas. Chegamos ó día oito, Dia Internacional da Muller, que chegado o momento se escribiu e publicou a través do blog e o facebook Mentalizacción.
Non obstante pola rede hai moito máis, dende: música, cine,videos curtos, fases, opinións, lemas,novas, entrevistas,ata arte e un sinfín de propostas e bo saber facer.
Ahí vos lanzamos unha cuestión:
Quen sabe do Día Internacional das Xuízas?
Para quen non o saiba, xa pasou, pero foi o pasado día 10.
Para seguirmos con Días Internacionais, saibamos que temos Día Internacinal para Combatir a Islamofobia,, que xusto foi este mércores día quince.
Despois, mirando na páxina de diainternacionalde.com , retroceder para escribir que o día dous foi o Día Mundial do Benestar Mental para Adolescentes.
O día tres, foi o Día Mundial da Audición. Un factor importante para a nósa calidade de vida a ter en conta.
Seguimos avanzando, pois este día once, foi o Día Europeo das Vítimas do Terrorismo.
E o doce foi o Día Mundial contra a Censura en Internet.
Dous días a ter en conta con total dereito a vivir en sociedade respetando e ser respetado/-a.
Esta semana comezou sendo a Semana Mundial do Cerebro.Tan necesario o seu correcto funcionamento e correctas conexións , xunto do coidado da alimentación, deporte necesario e o aporte de boas e variadas lecturas. Exercicio que tanto recomendan expertos /-as para alongar o deterioro e posibles demencias.
Que hai do Día Mundial do Sono? ,Este día foi festexado onte día 17, tan buscado,prezado,as veces mal visto por prexuizos sociais pero tan necesario na súa xusta medida ,repoñedor e reconfortante.
E se vos decimos que este 19 de marzo é o Día Internacional do Artesano ou Artesana?
Sorprendidos /-as?
Pois como non, rematar a Semana Mundial do Cerebro dándovos que pensar…..
Adxuntamos un sinxelo e básico debuxo feito a man, en homenaxe aos Artesans, artesanas.
Pois, quen dixo que só contan os detalles de valor económico.
Co bonito que pode ser outro tipo de agasallos……!
Con respecto a regalos, cada quén regala como pode, quere ou millor lle parece.En cuestión de poñerse a sorprender, non hai regras. Todo detalle feito dende o cariño é ben recibido.
Pois tentando transmitirvos Felicidade, ledicia,optimismo,deixámosvos coa seguinte mestura de sensacións,porque sabede que o vindeiro luns día vinte hai intención de irmos preparándonos todas e todos para cumprir na medida das posibilidades de cada quén co Día Internacional da Felicidade.
Queda moito ano por diante,!
Animádesvos a participar?
