Con motivo do amor, que millor que un texto pequeno,acompañado de unha flor sinxela e sobre todo amorosa. Apenas fai pouco estivemos de festexos, pois agora é o momento de lembrarnos de cultivar este amor, esta flor amorosa que tanta falta fai neste mundiño tan revolto.
É o noso agasallo para todas e todos vos que nos estades a ler, seguir e coñecer.
Un xeito sinxelo e amoroso de agasallar e brindar polo amor á vida, as persoas, animais, seres, etc
Adicamos este xesto ás persoas que padecen e padecemos de problemas de saúde mental e somos gravemente criticadas e incomprendidas.
Este debuxo, infantil, sí! ou non, depende….pode ser o trampolín para levarnos á infancia pasada, presente ou futura…..
Pode animar a que busquedes videos sinxelos en internet e poidades crear as vosas únicas e propias flores amorosas.
Isto non deixa de ser un pequeno exemplo no que sairon moitas emocións xa fosen negativas para rematar en positivas e optimistas tras o resultado acadado.
Hai días bos , malos e regulares, pero podo asegurarvos que se poden reconducir, dende a loita, a constancia, o optimismo. O segredo está en un /-a mesmo. Cada quen debe atopar as súas armas e ter as súas ferramentas de traballo para o coñecemento persoal. Oxalá vos inspiremos e se vos apetece compartir as vosas inquedanzas , debuxos, etcetera, eiquí nos tedes.
Agarimosas apertas dende o Comité en Primeira Persoa Feafes Galicia.
Ata pronto!
E que esta flor amorosa vos transmita amor, felicidade para seguirmos loitando sempre cara a diante e sempre mellorando a nósa calidade de vida
