Día de recoñecementos e celebración

Saúde Mental FEAFES Galicia celebra os I Premios Empréganos de recoñecemento a empresas colaboradoras

  • O acto, que terá lugar hoxe, 8 de febreiro, ás 17:30 na sede do Consorcio Zona Franca de Vigo e ao que acudirán preto de 100 persoas, premiará e recoñecerá a aquelas empresas que están comprometidas coa inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental.
  • Ao acto acudirán a Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; o Deputado de Cooperación cos Concellos e Asistencia Intermunicipal, Santos Héctor Rodríguez; e a Concelleira de Política de Benestar Social, Yolanda Aguiar Castro; entre outras personalidades.

Vigo, 08 de febreiro de 2023.- Saúde Mental FEAFES Galicia traballa para mellorar a empregabilidade das persoas con problemas de saúde mental dende o ano 2002 coa creación do seu Servizo de Emprego. Non obstante, este traballo non sería posible sen a colaboración de empresas, entidades e persoas comprometidas coa inserción laboral das persoas que teñen máis dificultades para acceder a un traballo. Por iso, a través dos Premios Empréganos, Saúde Mental FEAFES Galicia quere recoñecer o seu compromiso e responsabilidade social.

Na súa primeira edición, o acto de entrega dos Premios Empréganos celebrarase en Vigo, recoñecendo deste xeito a empresas e organismos desta cidade e a súa contorna. Entregaranse galardóns en 6 categorías distintas (gran empresa, PEME empresa ordinaria, PEME emprego protexido, terceiro sector, persoa referente e administración pública), así como un certificado de recoñecemento a todas as empresas da localidade que colaboraron coa inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental durante o ano 2022.

Ao acto asistirán a Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; o Deputado de Cooperación cos Concellos e Asistencia Intermunicipal, Santos Héctor Rodríguez; e a Concelleira de Política de Benestar Social, Yolanda Aguiar Castro; entre outras personalidades como a Secretaria Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca; o Xefe do Servizo de Psiquiatría de Vigo, José Manuel Olivares; ou o Delegado do Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades. Haberá tamén representantes de Saúde Mental FEAFES Galicia e das súas asociacións, así como a presenza de múltiples empresarios e empresarias da zona, contando cunha estimación de preto de 100 asistentes.

I PREMIOS EMPRÉGANOS SAÚDE MENTAL

Data: mércores 8 de febreiro de 2023

Hora: 17:30 a 18:30, con ágape posterior

Lugar: Sede do Consorcio Zona Franca de Vigo (Rúa do Areal nº 46)

O emprego, un camiño cara a normalización

A baixa inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental é unha das principais barreiras coas que se atopa este colectivo de cara á súa integración social, debido en gran medida aos prexuízos que aínda existen no eido empresarial e na sociedade en xeral. 

Segundo datos do INE do 2021, a taxa de emprego das persoas con problemas de saúde mental é do 17%, sendo a máis baixa de todas as discapacidades. Ademais, o 44% destas persoas asegura ter sufrido algún tipo de discriminación laboral e case a metade estarían dispostas a aceptar “calquera tipo de traballo”, segundo o estudo Estigma y enfermedad mental: análisis del rechazo social que sufren las personas con enfermedad mental. 

Segundo a experiencia de Saúde Mental FEAFES Galicia, un problema de saúde mental non ten por que ser un impedimento para obter un emprego. Na maioría dos casos, as persoas con problemas de saúde mental non só son capaces de traballar senón que acaban sorprendendo ao empresariado pola súa dedicación, motivación e calidade de traballo.

Como para o resto da sociedade, para as persoas con problemas de saúde mental o traballo é un camiño á normalización, unha fonte de identidade, de utilidade e de motivación. Ademais, neste caso, ten unha función terapéutica, desprazando o rol de “persoa enferma” polo rol de “persoa traballadora”.

Tamén está comprobado que coa existencia dun servizo especializado, os datos de inserción laboral destas persoas aumentan considerablemente. No caso do Servizo de Emprego de Saúde Mental FEAFES Galicia, o 55% das persoas que acceden a el logran un traballo, unha cifra moi superior ao 17% da taxa de inserción laboral xeral do colectivo.

Saúde Mental FEAFES Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro constituída en 1995 coa misión de representar e defender os dereitos e necesidades das persoas con problemas de saúde mental. De carácter social, esta entidade ten como obxectivo principal a mellora da calidade de vida destas persoas e das súas familias. Actualmente agrupa a 12 asociacións repartidas por toda a comunidade galega con centros e servizos en preto de 30 localidades.

Para máis información, entrevistas ou material, contactar con:

Ana Escrigas Rodríguez

Responsable de Comunicación

Praza Salvador García Bodaño nº7 1ºA, 15707 Santiago de Compostela

ana.escrigas@feafesgalicia.org | http://www.feafesgalicia.org

981 942 380 ext. 2103 | 638 273 186

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.