A piques estamos de dar por rematado este ano 2022. Alá se foron Noiteboa, Nadal, o día das inocentadas…Entendemos que hai variedade de gustos , apetencias e pareceres, xa que para algúnhas persoas o millor de estas datas son eses intres fugaces de reencontros con familia, amizades, seres queridos. Instantes agridoces con certa carga de tristura pola falla de personas ben queridas e estimadas. Iso si, cada persoa vivirá estas datas co mellor optimismo que medianamente saiban, poidan e lles sexa posible dadas as súas circunstancias persoais .

Sabede que o voso Comité Galego de Saúde Mental FEAFES Galicia, vos adica este pequeno homenaxe en modo escrito coa intención de fusionalas e emparellalas do mellor xeito posible, creando algo especial para todas e todos vós como mostra de agradecemento ó voso tempo adicado ás nosas redes de comunicación, concursos, información, etcétera.
Dende o noso, voso colectivo, apostamos pola diversidade coa intención de traer melloras para este colectivo, atallar problemas e acadar calidade de vida desde o altruismo ata a creación de máis postos de traballo dignos.
Moitas grazas por estardes ahí e formar parte de este proxecto que vos ofrecemos e ven sendo máis voso ca noso, pois entre todas e todos esta loita é o motor que nos move a seguir creando e dando pasos para mellorar a calidade de vida de todos e todas nós.
Despedímonos con afectuosas apertas, desexándovos todo o mellor.
Deixemos que remate este 22 e a por un bo 2023 a todas e todos vós.
Un brindis (inda que sexa con auga, zume), algo de comer e moito optimismo, paz, ilusión e sobre todo Saúde para poder vivir o mellor posible.
O voso Comité Saúde Mental FEAFES Galicia.