Ola a todas e todos vós!
Desexando que dispoñades de ferramentas suficientes para ter unha boa calidade de vida e doses de optimismo e forzas para afrontar o día a día, dicirvos que:
Dende o Comité en Primeira Persoa de FEAFES Galicia ofrecémosvos participar neste concurso para o cal se precisan:
- Ilusión e ganas de aproveitar algo de tempo dedicado a vós
- A cuestión está en escribir un relato breve!
Estades todos e todas preparadas con papel e bolígrafo para crear ese bo relato que nos sorprenderá?
Sabede que o importante é comunicarse e expresarse; polo tanto, este concurso poderá axudarvos como terapia ou simplemente como modo de entretemento. A través das artes, as persoas expresámonos e estas axúdanos no noso día a día.

E se ademais compartimos e difundimos as nosas creacións, poden aumentar os beneficios! Cada texto, relato ou creación será única, enriquecedora, gratificante e especial.
Podedes consultar as bases do concurso literario aquí
Grazas de antemán e quedamos á espera dos vosos relatos curtos!
Comité en Primeira Persoa de FEAFES Galicia