A esperanza de ébano

Etimolóxicamente, África significa terra sen frío e ven do grego. A vinculación con este continente sería pequena, senón fose pola seguinte circunstancia. Un íntimo amigo meu está emparentado cunha rapaza nativa de Guinea Bissau. Este compañeiro ténme explicado pormenores e tamén xeneralidades sobre a vida nesa parte de África, xa que leva varios anos alí, traballando coma cooperante, no seo dunha ONG.

Este país do occidente africano foi colonia portuguesa e, de feito, o idioma luso segue a estar máis ou menos presente, xunto co crioul ou creole, amalgama de linguas indíxenas e o devandito portugués. Convén dicir que este rapaz e máis eu somos galegos, de Lugo.

Entre os aspectos da vida guineana que me narraba, destaca por riba de todo a proximidade dos seus habitantes, así coma a súa bonhominía: o sorriso nos beizos é algo común alí, a diferencia do que acontece no teóricamente desenrolado mundo europeo. A cercanía no trato parece ser moeda común y esto é de moito agradecer.

Tamén me falou dos seus costumes culinarios. Aínda que a esperanza de vida segue sendo moi baixa, comparada con outros países,(38 anos en 1996), respírase no ambiente unha xenuína alegría de vivir, según se desprende das informacións deste cooperante.

PD: África foi víctima das potencias europeas, que trazaron fronteiras artificiais con escadra e cartabón, xuntando nun mismo país tribus rivais e separando en distintos países tribus afines. Resultado: derramamento de sangue.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.