Hoxe, por exemplo dende Galicia, escribindo en calquera buscador, grazas á conexión á Internet, podemos ter acceso á historia das reivindicacións pasadas dos dereitos mínimos reclamados polos /as traballadores /as.
Todo comezou nos Estados Unidos, concretamente en Chicago, seguindo por Barcelona e outros moitos lugares de este planeta, cando entre outras cousas se pedía unha xornada laboral de non máis de 8 horas diarias.

En memoria dos sindicalistas executados en Chicago no curso dunha folga en 1886 acordouse dedicar o un de maio ó traballo.
Este día serve para recordarnos que a loita non foi doada, pero grazas a estas persoas que se manifestaron, abríronnos o camiño facendo máis doada a loita, mantemento e reivindicación de dereitos , co cal temos presente que baixo ningún concepto nos podemos confiar, baixar a garda, relaxarnos e perder os dereitos acabados con tanto esforzo de anteriores xeracións.
O noso colectivo de Saúde Mental, reivindicamos ser cada día máis as persoas en posesión de un posto digno de traballo , sobre todo en idades temperás ou cando esteamos en condicións óptimas para traballar.
A realidade é que canto máis tempo pasamos sen ter acceso a un traballo digno , más se nos resente a nosa Saúde Mental.
O noso colectivo reclama máis oportunidades laborais e unha de maior implicación dos empresarios /as en concienciarse e contratar a persoas do noso colectivo.
Queremos lembrar que somos moi capaces, queremos traballar e estamos dispostos /as a loitar, mantérmonos unidos/ as en sociedade e reivindicar o dereito ó traballo digno para todo o noso colectivo e demais persoas en idades de traballar, sempre é cando o poidan realizar dignamente, ou grazas á adaptacións de recursos, medios técnicos e todo o que sexa necesario para poder realizar un traballo dignamente grazas a un equilibrio de saúde completando todas as escalas.
Lembrar que con este texto se pretende rotundamente seguir defendendo e loitando polos nosos dereitos como empregados/as, reivindicando o mantemento dos dereitos acadados ata o día de hoxe.
E para rematar desexarvos todo o mellor para que este 1 de maio sigamos adiante festexándoo con pequenos, medianos, grandes e novos proxectos de cara á creación de máis postos de traballo que cheguen a máis número de poboación.