A miña visión da discapacidade

Neste ensaio son arte e parte, por iso é moi difícil chegar á obxetividade, aínda que sería desexable.

Trátase dun mundo enormemente vasto, cunha gran variedade (se non que lle pregunten aos psiquiatras). Igual que non hai dúas personas cordas idénticas, tampouco hai dúas persoas discapacitadas con características semellantes ao 100%.

Un dos problemas máis acuciantes cos que ten que lidiar o noso colectivo é o da inserción sociolaboral. Certo é que se están producindo avances, por exemplo, nomeadamente, no caso de pacientes con Síndrome de Down, que, de vez en cando, aparecen nos medios de comunicación.

Tamén corren tempos favorables para falar máis das patoloxías referidas á saúde mental, quizáis debido á presión e ao estrés que supón soportar a pandemia e tamén porque empezan a aparecer casos coñecidos en persoas con ascendencia social, léase deportistas, ou xente que eu chamo da farándula.

Teño a impresión de que o ritmo de vida actual, acelerado, non lle fai ningún ben á nosa psique; iso si, coma sempre, uns sofren máis que os outros.

Pero, ¿qué é a discapacidade? Por definición, vén sendo unha merma das capacidades cognitivas, motoras ou de desenvolvemento social. Noutros aspectos, en cambio, como no cariño aos animais, ou no mundo dos afectos, hai persoas con discapacidade que son auténticas “cracks”, por falar de xeito chao.

Por outra banda, quixera facer un recoñecemento ás persoas que nos axudan día a día, léase coidadoras ou familiares, porque non é unha tarefa doada. Neste eido destacan tamén as asociacioís que atenden as necesidades de persoas coma nós; por centrarme no caso lucense, destacaría a FEAFES e a COGAMI.

Por fin, rematar dicindo que a nosa situación melloraría se houbese máis cartos riba da mesa, como sucede en todos os campos da vida en xeral. Supoño que as asociacións contan con partidas presupostarias limitadas, e que o que poden.

Quedan moitas cousas no tinteiro, pero hai que evitar saturar as bonecas.

Ata pronto,

Manuel López. Comité en Primeira Persoa de FEAFES Galicia

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.