Apoio ao noso sector produtivo

Vivimos tempos complicados, pero non debemos descoidar a nosa saúde mental.

Xa había guerra, pobreza, escaseza de recursos para as persoas máis pobres. Enfermidades desatendidas, logo unha pandemia que trouxo medo, máis pobreza, enfermidades, descoñecemento, incerteza, etc. Ao fin e ao cabo, a economía sería o de menos se todas as persoas estivésemos medianamente ben de saúde mental, física e social, tendo unha vida o más levadía posible.

Que lle acontece a esta sociedade? Temos a maldita superioridade moi presente, máis do que deberiamos. O caso é que non nos decatamos de que vivir en sociedade é como unha cadea de produción onde todos e todas levamos a cabo unha tarefa, un papel. Xa cansa tanta esixencia e aires de superioridade! Todas as persoas somos necesarias e non debemos caer en prepotencias de quen é máis ou superior a quen.

O noso gran recoñecemento ás produtoras e produtores do sector primario, ás persoas traballadoras que tantas veces se desviven polos seus animais e plantas que nos serven de alimento. Ás traballadoras e traballadores do mar que acaban co corpo desfeito e vivindo malamente por culpa dunha sociedade mediocre que tanto desprezo lles amosan e por riba non lles deixan xubilarse dignamente.

Quen nestas condicións non acaba con problemas graves de saúde mental, artrose, desgaste dos ósos, etc.? Coa miseria que se lles paga, chégalles moi xusto para comer malamente e non se poden permitir enfermar, recibir asistencia médica privada ou prexubilarse a pesares de que case non poden nin traballar.

Así que por favor, un pouco de consideración co noso pobo que está a traballar moi duramente para producir alimentos de excelente calidade e o estamos a humillar de mala maneira, desprezándoo sen compaixón e facéndolle, como non, o conto ao traxeado ou traxeada de turno.

Chamo á reflexión e á concienciación cidadá por un mundo globalizado e respectuoso, por favor.

Margarita Díaz, integrante do Comité en Primeira Persoa de Galicia

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.