Dende o Comité en Primeira Persoa de Saúde Mental FEAFES Galicia, queremos axudar e acortar os problemas que existen de cara á inserción no mundo laboral do noso colectivo.
Baseandonos nos datos, estes reflicten que só un 15% das persoas con problemas de saúde mental teñen acceso a un traballo. Cremos que é moi necesario facérmonos visibles e loitar polo noso gremio. Pois traballo digno equivale a saúde mental, favorecendo unha alta autoestima, autorealización, rutina, compromiso, vida social, etc.
A continuación, amosámosvos a nosa campaña EMPRÉGANOS, coa cal queremos poñernos en contacto co mundo empresarial de Galicia para amosar o bo candidatos e candidatas que somos. Queremos amosar ao empresariado o noso grande interés por traballar e que non dubiden en apostar por nós só pola nosa condición de saúde. E serán os propios empresarios quen volo conten en primeira persoa.
A continuación, amosámosvos o seguinte vídeo desexando chegue lonxe: