Día Mundial da Saúde Mental: reivindicando respecto e deferencia

Ola a todo lector e lectora que nos segue na nosa andaina por esta ventá internauta nesta era tecnolóxica da comunicación e reivindicación. Por se hai persoas que non o sabedes aínda, o lema deste ano polo Día Mundial da Saúde Mental 2021 é “Saúde mental nun mundo desigual”.

Antes de seguir, queremos lembrar e explicar que dende o Comité en Primeira Persoa de Saúde Mental FEAFES Galicia somos conscientes da chea de temas que nos faltan por tratar con respecto ao noso colectivo. E despois de reflexionar, cremos que debemos tocar o tema das inxustizas laborais e chamar dende aquí a canta máis portas mellor.

Basicamente, cinguíndonos aos nosos dereitos como cidadáns, esiximos respecto e deferencia para toda persoa, ben sexa do colectivo de saúde mental ou non, xa que todas e todos somos seres humanos civilizados e esiximos ser tratados con respecto, educación, bo trato, sen discriminación por idade, sexo, gustos, poder adquisitivo, nivel académico, etcétera.

A pesares das circunstancias pandémicas, socias, económicas, culturais e demais que todos e todas estamos a vivir, é o momento de pararse a reflexionar e ver que é o que máis interesa sanamente a esta sociedade. Aínda que non queremos ser pesimistas, ás veces parece que imos por moi mal camiño.

Non obstante, cremos que sempre estamos a tempo de rectificar, aprender e mellorar na vida de cada persoa. Estamos seguros de que a chave está en mantérmonos activos, pero desfrutando sempre do momento, das persoas que nos aprecian e aceptan, e loitar por cambiar a mellor aquelo que poidamos na nosa contorna.

Existen situacións no eido laboral de abuso e discriminación cara as persoas con problemas de saúde mental, coñecemos moitos casos e resúltanos frustrante e inxusto, entre outros moitos cualificativos. Ademais, os datos acompañan esta realidade: só o 15% das persoas do noso colectivo teñen un emprego e a metade delas aseguran ter sufrido algún tipo de discriminación laboral.

E recordemos: non é malo ir ou volver ó psicólogo ou psiquiatra, o que importa é a nosa saúde en todos os aspectos. Cómpre estar ben e saír adiante con intelixencia e optimismo. 

Despedímonos cun gran saúdo e seguiremos traballando, creando, compartindo, reivindicando, axudándonos e facendo o que se poda para mellorar a realidade da saúde mental e a vida de cada un e unha de nós.

Grazas pos seguirnos. E moi bo Día Mundial da Saúde Mental 2021!

Un comentario en “Día Mundial da Saúde Mental: reivindicando respecto e deferencia

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.