
Este é o segundo ano que se pon en marcha o noso ilusionante Concurso de Fotos. Emprego e repito a palabra ilusionante polo que aporta tanto ó colectivo que participa, nos segue, nos visita e o que significou, significa e significará para todas e todos, interesadas e interesados polo ben, o coidado e o mantemento da Saúde Mental da sociedade. Na vosa man queda ler, xulgar e opinar o que consideres oportuno.
A continuación queremos expresarvos o noso agradecemento polo esforzo e interese amosado por esta recente iniciativa que dende o Comité en Primeira Persoa de FEAFES Galicia se pon en funcionamento pero que sen o voso traballo, esforzo, enxeño, participación, etc. carece de sentido e significado.
Comezando por Lugo e rematando por Betanzos, os dous membros deste Comité que participamos na entrega de premios do concurso, estamos de acordo en destacar a seguinte percepción, na que coincidimos no importante que foi poder celebrar este acto dentro das medidas e protocolos de seguridade contra a COVID-19 para poder dar voz e visibilidade ós e ás premiadas.
Parécenos moi importante acompañar as fotos da entrega de premios con cadansúa pequena percepción nosa, agrupadas neste texto que aquí vos amosamos. Contarvos que unha vez nos puxemos en contacto cos e coas respectivas agasalladas, pasouse a pechar as datas da entrega de premios.

O pasado martes 15 de xuño deste 2021, acompañada dunha Técnica de FEAFES Lugo, acudín ó Centro Alume de Lugo, na Rúa Montirón, facendo a entrega do terceiro premio, acto que comezou chegadas as 11:30 horas da mañá.
Feitas as presentacións, cumprindo en todo momento co protocolo destes tempos de pandemia que nos toca vivir, a directora Ana Regueira, comunicounos a ausencia do presidente Manuel Fernández Prazo, que estaba a recibir a correspondente vacina contra os efectos da COVID-19. Causa más que xustificada por el e polo ben de todas e todos nós. Ana Regueira propiciou un ambiente exquisito, sen moita xente, pero a necesaria para acompañar a Alberto nun entorno agradable e acolledor.
É para min un pracer poder agradecer dende eiquí o marabilloso trato recibido, a sinxeleza do evento con fondo de infinitas pezas artísticas de Alume e a proximidade das persoas alí presentes. Quero destacar que me atopei moi a gusto, cómoda e contenta por poder facer entrega do terceiro premio a Alberto Valín Valle, tendo así o privilexio de coñecer e pisar persoalmente por primeira vez Alume Lugo.
Penso que o más importante de todo, foi o interese e esforzo por parte de Alume, sobre todo o traballado discurso do terceiro premiado, que se emocionou. A miña pequena intervención simplemente foi explicativa da función do Comité. Como non quero quitarlle protagonismo e valor a Alberto, opto por escribir para o blog. Hónrannos as palabras de Alberto contándonos que este é para el o mellor premio dos dous que ata o momento recibiu na súa vida, cheo de agradecementos ás persoas que lle axudan día a día.
Pola miña parte, como responsable de entregarlle o premio, destacar a enerxía, ilusión e ganas coas que aplaudimos para el, para Alume, para vós como seguidores e seguidoras nosas e para todas as persoas que loitamos más ou menos no noso día a día. Miles de grazas a todas e todos. Foi e será sempre un pracer dedicarvos unhas letras e o que se precise segundo o intre e os acontecementos.

Por outra banda, dende APEM Betanzos, o noso querido compañeiro do Comité en Primeira Persoa de FEAFES Galicia, José Mauriz Millares, acompañado por un Técnico de FEAFES Galicia, coincide e amplía as percepcións que tiven en Lugo. Como engadido, aprecia que para os e as concursantes, participar en actividades como este concurso de fotos supón moito, un extra, unha motivación, dá valores, positivismo… Destacar a súa ledicia, realización e agradecementos.
Victoria Sueiro Lamas, moi sorrinte, levou encantada o segundo premio. O primeiro premio foi para Manuel Jesús López Figueroa, que levou súa foto enmarcada, material fotográfico e a correspondente figura artesanal.
Foi un día de festa alí, en APEM Betanzos, pois os nosos compañeiros viviron e gozaron da experiencia de acompañar en todo intre nestas instalacións. Participaron na sesión de pinchos moi saborosos e variados, vivindo momentos especiais, reconfortantes e desfrutando moitísimo.
Un parecer máis, é considerar este evento social moi positivo, sobre todo que un membro do Comité participe na entrega de galardóns a aquelas ou aqueles participantes premiados do concurso de fotos de este Comité en Primeira Persoa de FEAFES Galicia. Queremos deixar constancia do fenomenal que supuxo o recibimento, xunto coa respectiva entrega de premios.

Pois isto é más ou menos un pequeno pero detallado resumo do acontecido en APEM Betanzos o pasado mércores 23 de xuño de este ano 2021. Xa para ir rematando, lembrar que un primeiro e un segundo posto no concurso de fotos non se acada todos os días.
Finalmente, saudarvos e despedirnos por esta vez a todas e todos vós dende este blog: o Comité en Primeira Persoa de FEAFES Galicia con letras de agradecemento a APEM Betanzos, a Alume Lugo e a todas as asociacións e persoas participantes no concurso polo seu interese e esforzo en facer desta iniciativa unha actividade máis para todas e todos.
Rematarmos cun grazas para todas e todos vós por tanto interese e crecemento persoal e social.
Margarita Díaz Fernández
Membro do Comité en Primeira Persoa de FEAFES Galicia (Lugo)
Quiero dar las gracias en nombre de Alume Saúde Mental al Comité por la iniciativa y a Margarita en particular por su presencia en nuestras instalaciones y por lo feliz que vimos a Alberto con su premio.
Os animo a continuar.
Ana Regueira
Me gustaMe gusta