Premios do II Concurso de fotografía «Deixádevos de lerias: Traballo en Igualdade»

O xurado do II Concurso de Fotografía “Deixádevos de lerias: traballo en igualdade”, composto polas oito persoas que conforman o Comité en Primeira Persoa de Saúde Mental FEAFES Galicia, o coordinador de Desenvolvemento Asociativo de Saúde Mental FEAFES Galicia e a responsable de comunicación de Saúde Mental FEAFES Galicia, resolveu conceder os seguintes premios:

  • 1º PREMIO: “Efectos secundarios a la carta”, de Manuel Jesús López Figueroa.
  • 2° PREMIO: “Un vacío inesperado”, de Victoria Sueiro Lamas.
  • 3° PREMIO: “Autorrealización”, de Alberto Valín Valle.

A fotografía gañadora, “Efectos secundarios a la carta”, pon sobre a mesa o tema da medicación, que a parte de ter beneficios para as persoas con problemas de saúde mental, a miúdo provoca unha serie de efectos secundarios como tics, perda de memoria ou falta de atención, entre outros. Estes efectos secundarios impídennos, por exemplo, conducir, ademais de empeorar a empregabilidade. Ademais do interese da temática, o xurado tamén valorou a posta en escena, a expresión da persoa e como a imaxe reflexa unha realidade dun xeito moi plástico.

A segunda fotografía, “Un vacío inesperado”, amosa o camiño que ten que percorrer unha persoa con problemas de saúde mental para acceder a un posto de traballo. Este camiño está cheo de medos e inseguridades: hai moitos obstáculos, baleiros, confusión… unha mestura de sentimentos en relación ao emprego. O xurado valorou desta fotografía a capacidade para transmitir todas estas sensacións: a actitude da persoa, a impresión de que é fácil perder o equilibrio, a maraña de camiños que se cruzan… Destaca tamén a boa calidade e a composición da imaxe.

A terceira fotografía, “Autorrealización“, amosa unha escaleira, sendo cada chanzo un avance de satisfacción e realización que se logra a través do emprego. O xurado apreciou a mensaxe positiva e de superación, ademais dunha composición e un encadre axeitados, así como a naturalidade da escena.

A entrega de galardóns terá lugar nas próximas semanas. Dende o Comité en Primeira Persoa de Saúde Mental FEAFES Galicia queremos agradecer novamente a participación de todas as persoas que enviaron as súas fotografías ao concurso, felicitar ás persoas que resultaron premiadas e recoñecer a calidade tanto estética como conceptual de todas as propostas recibidas.

A convocatoria deste concurso de foi un xeito de expresar as inquedanzas e visións da realidade desde o colectivo de persoas con problemas de saúde mental. O noso colectivo ten unha baixa taxa de empregabilidade; de cada dez persoas con problemas de saúde mental, só dúas traballan. A importancia do emprego e a loita pola súa procura é, para nós, fundamental. Entre todas e todos conseguirémolo.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.