Día das Letras Galegas 2021: sen homofobia e de visita ó museo

Hoxe, neste 18 de maio de 2021, é o Día Internacional dos Museos, lugar no que hai máis ou menos representación do noso pasado. Dende aquí a nosa recomendación de saír ver algún museo, pois pode ser un bo plan…. que vos parece?

Cun interese especial, quero escribir este pequeno artigo como honra ó noso benquerido idioma galego, arredor do cal onte, 17 de maio, Día das Letras Galegas, en cada recuncho de Galicia e do planeta festexáronse con máis ou menos coidado varios eventos de reivindicación.

No tocante á saúde mental, quero destacar que onte, a nivel mundial, foi un día marcado no calendario para que se respecten ás persoas, sen problema de ningún tipo, sexa da condición sexual que ela ou el sinta, pois onte foi o Día Contra a LGTBIfobia.

O seguinte pode soar forte, seino, pero posuír unha boa Saúde Mental tamén implica desfacerse de prexuízos infundados e valorar ás persoas sen entrar en desprezos ou burlas pola súa condición sexual. 

É moi importante coidar as emocións e coñecerse a unha/un mesma/o. Aprendín que é un traballo persoal, pero a longo prazo gratificante, no cal non hai regras establecidas, sempre respectando ó resto da sociedade.

Xa para rematar, quero eloxiar a diversidade, sempre con respecto e que desfrutemos sanamente a pesar da pandemia. Saúdos e moitas grazas por seguirnos.

Marga Díaz, compoñente do Comité en Primeira Persoa de Galicia.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.