Tantas causas , tantos meses: un camiño por andar. Avelaíña

O Comité en Primeira Persoa prosegue a súa campaña “Tantas causas, tantos meses: un camiño por andar”, na que as asociacións de Galicia amosan os seus programas para a mellora da saúde. Neste caso Avelaiña, ubicada na provincia de Pontevedra fálanos do seu Programa Achego.

¿Qué é o Programa Achego?

É un programa pioneiro en Galicia, ideado, desenvolvido e posto en marcha pola Asociación Avelaíña que pretende aproximar a atención sociosanitaria ás persoas con problemas de saúde mental e as súas familias e coidadores/as.
Xurde no ano 2016 en resposta á petición das traballadoras sociais das comarcas de O Condado e A Paradanta que solicitan unha atención especializada e de proximidade en saúde mental. Tratase dun territorio eminentemente rural, cunha alta dispersión xeográfica, baixo nivel económico e con dificultades de transporte público. Isto limita o acceso ós recursos especializados nas urbes, o que xunto coa falta de coñecemento da problemática provoca un maior illamento e desatención das persoas con problemas de saúde mental. O programa Achego consta de catro liñas principais, que na actualidade se levan a cabo nas comarcas de O Condado, A Paradanta e o Concello de Salceda de Caselas:

Liña 1. Unidade de Apoio Comunitario (UAC) en Saúde Mental, ofrece:
Servizo de Información e Asesoramento
Servizo de Apoio Psicolóxico
Servizo de Rehabilitación Psicosocial
Servizo de Prevención e Promoción da Saúde Mental


Liña 2. Servizo de Atención Domiciliaria: Pretende achegar a atención sociosanitaria acudindo aos propios domicilios das persoas con problemas de saúde mental,que polas propias características da enfermidade teñen unha limitación que lles impide acceder a outros recursos propios da comunidade.


Liña 3. Coordinación cos servizos sociosanitarios e comunitarios de ambas comarcas: É unha liña fundamental no noso traballo comunitario, sendo o noso obxectivo establecer unha rede de actuación conxunta para ofrecer unha atención integral.


Liña 4. Difusión: mantendo á poboación informada das nosas actuacións, servizos e eventos a través de diferentes medios e participando na comunidade.

¿Quén o leva a cabo?

Lévao a cabo a sede da Asociación Avelaíña do Condado, A Paradanta e Salceda de Caselas a través dun equipo multidisciplinar composto por 4 profesionais do ámbito da psicoloxía, educación social e traballo social. Ademais conta co apoio dos equipos das sedes do Val Miñor e Baixo Miño, xunto con administración e xerencia.

¿Cal é o seu obxectivo?


O obxectivo do programa Achego é mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e a dos seus familiares mediante a aproximación dunha atención especializada na zona, sobre todo naquelas zonas nas que sexa máis difícil o acceso; así como previr e promover a saúde mental, e combater o estigma que pesa sobre os problemas de saúde mental.

Ó mesmo tempo, persigue detectar as necesidades por cubrir neste eido, polo que leva anos reivindicando a necesidade dunha Unidade de Saúde Mental en Ponteareas; atopando un gran volume de usuarios que se poderían beneficiar da creación dun Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral.

Outro dos obxectivos que se persegue é a consolidación do programa e dos profesionais que o conforman, non so pola necesidade detectada na poboación, senón tamén polo desgaste que os frecuentes cambios no persoal motivan tanto nos usuarios, familiares e coidadores ( o non poder dar continuidade á relación terapéutica establecida); como nos profesionais que conforman a rede que o programa Achego trata de tecer.

¿Ónde se leva a cabo?

O programa Achego lévase a cabo nas comarcas de O Condado, A Paradanta e o Concello de Salceda de Caselas, ofrecendo unha atención de proximidade para tódalas persoas que o precisen.


Fisicamente dispoñemos de 2 espazos para ofrecer unha atención presencial: A UAC de Ponteareas, situada na Avda. de Galicia Nº6; e a UAC Desprazada en A Cañiza, situada no Edificio Multiusos, na Rúa do Progreso Nº19.


Así mesmo, o programa ofrece unha atención desprazada nalgúns Concellos destas comarcas que demandan e colaboran nun servizo de información e asesoramento nas súas instalacións de periodicidade mensual para os usuarios que, ben pola súa patoloxía, ben polas deficiencias no transporte, non se poden desprazar ata as nosas instalacións.

¿Cales son os resultados obtidos?

O longo dos anos que o programa leva en marcha ofreceuse atención a máis de 1.100 beneficiarios, entre usuarios, familiares e coidadores. Neste proceso foise destapando e deixando patente unha realidade que, inda que evidente, non está suficientemente visibilizada. No día a día do noso traballo evidénciase a dificultade que supón o acceso á atención en saúde mental, tanto pola inexistencia de recursos especializados, como polos escasos medios de transporte (mal endémico do rural galego, moi agravado dende a entrada en escena da Covid-19). Por outra banda, os recursos económicos da poboación atendida son moi escasos, o cal supón unha dificultade engadida pra ter un acceso adecuado a atención que precisan.


Todos estes factores xogan en contra das persoas que padecen un problema de saúdemental, dificultando a súa estabilidade, aumentando o seu sufrimento e xerando situacións que, moi frecuentemente, terminan nun ingreso hospitalario, non podendo manter a súa autonomía e sendo apartados do seu espazo de convivencia.

Con proxectos como o Achego, desenvolvido por Avelaíña, redúcese a desatención, o illamento, e as demandas a urxencias; facilitando o mantemento dos usuarios nos seus domicilios, evitando descompensacións e ingresos hospitalarios; e mellorando a súa calidade de vida, así como a dos seus familiares e coidadores.


A pesares da evidencia a favor do Achego, Avelaíña afronta o desafío de poder dar continuidade e estabilidade ó programa, tentando afianzarse a pesares de contar cunha financiación irregular, escasa e endeble. Seguirase traballando en aras de que se fagan efectivas as necesidades coñecidas, coma a creación dunha USM en Ponteareas;
e as destapadas polo propio programa, coma a creación dun CRP.


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .