Dende o Comité en Primeira Persoa queremos agradecervos a elevada participación no noso Concurso Fotográfico «Deixádevos de lerias, Traballo en Igualdade».

Ademais queda dende este momento, día 30 de abril ás 11.59 da noite, rematado o prazo de recepción de fotos.
O xurado ten que deliberar e elixir os traballos gañadores. Vai ser moi difícil, as persoas concursantes puxeron o listón moi alto.
Estade pendentes do blog, teredes novas nosas. Reiteramos as grazas por participar .
Moita sorte a todas e todos os concursantes.