II Concurso fotográfico “Deixádevos de lerias: traballo en igualdade”

Tras o éxito do noso primeiro concurso fotográfico “Máis alá do confinamento”, convocado en maio do 2020, lanzamos unha segunda edición que ten como temática o emprego e a saúde mental.

Baixo o título “Deixádevos de lerias: traballo en igualdade”, queremos coñecer, a través das fotografías das persoas participantes, a percepción ou experiencias que tedes as persoas vinculadas á saúde mental respecto ao acceso ao emprego por parte do colectivo: dificultades, apoios, obstáculos, axudas, éxitos, anécdotas…

Trátase dun asunto que nos preocupa especialmente dado o baixo índice de inserción laboral do colectivo, que ronda o 15%, así como a falta de estabilidade laboral, a discriminación salarial, a dificultade de acceso a sectores de cualificación media-alta, etc.

Non obstante, cremos que o traballo ten un importante valor inclusivo e de normalización para as persoas do noso colectivo, o cal cómpre poñer en valor. Convidámosvos, por tanto, a compartir as vosas experiencias e impresións a través da expresión fotográfica, pois cremos que a nosa mirada é moi importante.

Neste concurso poderá participar calquera persoa residente na comunidade autónoma de Galicia que estea vencellada á saúde mental ou pertenza a algunha entidade de Saúde Mental FEAFES Galicia: persoas participantes nos servizos ou programas, familiares, persoas achegadas, amizades, persoas voluntarias ou colaboradoras, etc. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas fotografías.

O autor ou autora da fotografía gañadora recibirá un agasallo relacionado coa práctica fotográfica, a impresión e enmarcado da súa fotografía e unha figura de artesanía. Tamén haberá un segundo e terceiro premio que serán galardoados cun agasallo conmemorativo.

O prazo para a recepción das propostas rematará o domingo 25 de abril de 2021 ás 23:00 da noite. As fotografías e a documentación requirida deberá ser enviada por correo electrónico a comite.primerapersona@feafesgalicia.org

Aquí podes consultar as bases do II Concurso fotográfico “Deixádevos de lerias: traballo en igualdade”.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .