Nadal Dixital

O Comité en Primeira Persoa inicia a campaña “Tantas causas, tantos meses: un camiño por andar“, na que as asociacións de Galicia mostran os seus programas para a mellora da saúde mental.

Neste caso Fonte da Virxe na cidade de Santiago de Compostela, nos conta o seguinte:

A experencia “ Nadal Dixital “ naceu dentro da necesidade de atopar un espazo de encontro, un aspecto moi necesario na actualidade debido as diferentes limitacións en tempos de pandemia Covid 19.

Unha situación que dentro da Asociación Fonte da Virxe provoca unha mistura de diferentes sensacións, frustacións e incertidume, que derivan en praxes diarias que pouco ou nada teñen que ver con dinámicas necesarias e fundamentais no noso funcionamento vital.

Esta época de crise sanitaria e restricións sociais nos provoca unha amalgama de añoranzas e necesidades de vivenzas sociais, moitas delas vividas no tecido asociativo e de gran aportación o noso enriquecemento persoal e grupal.  En xeral, a necesidade de sentirnos libres e disfrutar da nosa compaña, dunha boa conversa ó redor dunha visita cultural, disfrutar dunha andaina, da expresión conxunta de sensacións como grupo ou da ledicia de festexar ó nadal na asociación na que sempre tiñamos un día de xantar todos xuntos e disfrutar da nosa compaña na algarabía da festividade.

Así naceu esta iniciativa “ Nadal Dixital “, xa que,  queríamos ter un espazo de encontro que posibilitara cubrir as nosas necesidades e non reducira a nosa rede, aumentara a nosa resiliencia e sobre todo nos facilitara non perder a nosa identidade e esencia, ser grupo.

As novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación, as TIC, pódennos axudar a contrarrestar o distanciamento que nos esixe a prevención contra o virus do Covid 19. Sabemos que nunca podrán ter a natureza dunha interacción presencial pero si limitar as consecuencias desta situación sociosanitaria.

“Nadal Dixital” fíxonos replantexar un doble obxectivo no seu plantexamento e fundamentación. Por un lado, seguir avanzando na inclusión dixital cunha actualización tecnolóxica básica para o manexo de dispositivos e aplicacións de telecomunicacións e por outra banda, o obxectivo principal, coincidir de novo xuntos como en anos anteriores nesta diferente pero necesaria experiencia.

Dende a asociación se apostou por fomentar a participación e a implicación do máximo número de persoas para que esta experiencia chegara a cumplir o obxectivo de reunirnos.

A interación dixital en directo cos nosos desexos e felicitacións navideñas foi acompasado da presentación dunha boa mistura de vídeos persoais grabados con anterioridade á data;  vídeos realizados nos talleres ou no exterior da entidade, vídeos de músicos e artistas que amenizaron durante estes últimos anos as comidas e actos navideños e moito máis material audiovisual que se pudo visibilizar a través dunha plataforma dixital á que acudimos moitas/os compañeiras/ e amigas/os.

Dita experiencia viña acompañada por un lema:

 “Este ano tocaban as TIC, este ano tocaba Nadal Dixital”

E agora toca unha reflexión despois de tan boa experiencia…. tocará un Entroido dixital??

Nós xa o estamos demandando e esperando….

Asociación Fonte da Virxe

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .