A saúde mental nos medios: así non

Estimad@s María Jesús Fuente e Javier Romero:

Son Isabel Quintairos, membro do Comité en Primeira Persoa FEAFES Galicia, formado por persoas que temos problemas de saúde mental, e que traballamos na defensa dos dereitos do colectivo en Galicia e pola mellora das nosas condicións de vida.

O Comité encargoume a tarefa de dirixirme a vostedes na miña condición de xornalista con 35 anos de oficio, para protestar polo tratamento dado á noticia sobre un asasinato cometido nun hostal de Mondariz, publicada o 25 de xaneiro de 2021.

Como sen dúbida vostedes saben, a Constitución protexe o dereito á honra e á intimidade das persoas, cuestión que de ningún modo se respecta no artigo.

Como representantes das persoas que teñen problemas de saúde mental, é a nosa obriga insistir, unha vez máis, en que ter un problema de saúde mental non significa relación algunha coa violencia, nin coa comisión de actos violentos. Significa que se padece un problema de saúde crónico e tratable, igual que a diabetes, a hipertensión ou o asma.

Non é de recibo acusar a ninguén de feitos violentos baseándose en frases como “…sospecha que su anterior pupilo pudo no tomar la medicación”, “tanto él como su hermano sufrieron mucho de pequeños”, “esta fuente cree… que tal vez estuviera descompensado a nivel mental”…, expresións todas de suposicións e crenzas doutras persoas ou feitos do pasado que nada teñen a ver coa noticia que se conta. Con todo o morbo do mundo.

Non esperabamos tal exhibición de sensacionalismo, que esnaquiza unha vida sen escrúpulo algún, nin de ignorancia sobre o que representa a saúde mental. Pode que non saiban que unha de cada catro persoas no mundo loita cun problema deste xénero (é dicir, bastantes persoas da súa contorna, coñézano vostedes ou non). Por iso permitímonos recomendarlles dous documentos fundamentais para abordar as informacións relacionadas co tema con algo de rigor e sen facer dano a persoas afectadas, familiares e círculo achegado. Por humanidade, pero tamén pola profesionalidade que se lles presupón.

O primeiro foi elaborado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

O segundo é un traballo da Confederación Salud Mental España.

http://xornalistas.gal/biblioteca/guia-practica-para-o-tratamento-informativo-da-saude-mental/

Guia-estilo-salud-mental.pdf (consaludmental.org)

En todo caso, estaremos encantad@s de axudarlles en todo canto poidamos e de facilitar toda a información que precisen no futuro á hora de falar de saúde mental. Por favor, non dubiden en contactar connosco, alguén de nós, mesmo persoal técnico se é preciso, atenderá as súas preguntas sen problema e á maior brevidade.

Grazas pola súa atención.

Comité en Primeira Persoa FEAFES Galicia

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .