Supoño que se para a pensar en saúde mental, e de supor que o cerebro é tan complexo que existen moitas posibilidades ao longo de unha centenaria vida de padecer dalgunha doenza de este tipo.
Con este texto pretendo achegarme a toda persoa e animar a que entre todos e todas loitemos por unha vida plena e en paz e harmonía no día a día.
O noso cerebro debemos alimentalo de pensamentos optimistas e facerlle traballar intelectualmente. Ben sexa deseñando, coloreando, lendo, calculando, etc.

Por personalizar isto, eu , pola miña parte, recurro á escritura e ánimo a que escribades neste blog . E quen di escribir tamén di pintar, colorear, fotografar, coser, facer vídeos, etc.
Creo que de todo se aprende nesta vida e a pesar do malo que puidese haber pasado, hoxe escribo para dar esa palmada nas costas e esas palabras de ánimo que tantas veces fan falla na vida diaria.
Hoxe despídome desexando o millor para todos e todas, e que cada quen saiba explotar e ser feliz coas súas dotes ou habilidades, xa que inda que sexa cocer un biscoito no forno e compartilo, esa tamén é unha marabillosa ocasión de fabricar intres de ledicia e felicidade.
Ánimo, constancia, moita loita e paciencia na creación de bos momentos da vida de cada quen.
Deica logo!
Saúde mental agora e sempre!
Moita grazas por hacerme partícipe de este concurso….
Estou feliz. Grazas un saludo.
Me gustaMe gusta