Agradecemento pola participación no Primeiro Concurso de Fotografía

O Comité En Primeira Persoa Feafes Galicia quere agradecer publicamente o interese e a participación das persoas que se animaron a tomar parte no Primeiro Concurso Fotográfico que, baixo o título “Máis Alá do Confinamento”, convocamos este ano 2020.

Photo by cottonbro on Pexels.com

Foi moi importante para nós realizar esta convocatoria coincidindo no tempo con unha situación tan especial e inesperada coma a declaración do estado de alarma sanitaria pola COVID-19, que impactou de maneira particular no colectivo de persoas con problemas de saúde mental.

Por iso valoramos tanto que as persoas participantes se tomaran o tempo de poñer en imaxes o que a situación lles inspirou.

En vindeiras datas publicaremos información sobre o momento previsto para coñecer o fallo do xurado e calquera outro asunto relacionado co concurso. A causa da situación xerada pola pandemia, moitas das accións que pensamos no seu momento, coma unha exposición itinerante das fotografías, están pendentes do que poida ocorrer nun futuro próximo.

Lembramos que os premios para as tres persoas gañadoras son:

  • 1º Premio: publicación e difusión por parte de Saúde Mental FEAFES Galicia da fotografía gañadora na portada da súa memoria anual do 2020 e outras publicacións da entidade + impresión e enmarcado da fotografía + figura de artesanía ao gañador/a que será entregada presencialmente se é posible ou remitida ao domicilio ou entidade da persoa gañadora.
  • 2º Premio: agasallo conmemorativo.
  • 3º Premio: agasallo conmemorativo.

A maiores, unha escolma das mellores fotografías participarán nunha exposición itinerante que se realizará ao longo do 2020 por diversos lugares de Galicia, sempre e cando a situación de alarma sanitaria provocada pola COVID-19 o permita. De non ser posible, valorarase a realización dunha exposición virtual a través dalgunha canle dixital.

Comité En Primeira Persoa Feafes Galicia

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .