Somos o Comité en Primeira Persoa de Saúde Mental FEAFES Galicia, un órgano formado por persoas usuarias que intentamos traballar a favor dos nosos dereitos e contra o estigmavasociado aos problemas de saúde mental.
Baixo o título do concurso “MÁIS ALÁ DO CONFINAMENTO”, queremos que nos amosedes, a través das vosas imaxes, como estades a vivir o tránsito cara esta nova realidade dende a perspectiva da saúde mental. Gustaríanos saber como vos vedes e como vos ven o resto das persoas en diversos ámbitos da vida diaria: na situación de emerxencia social e sanitaria que estamos a vivir, durante a desescalada e o desconfinamento, no traballo, no lecer ou no deporte, nas relacións cos demais, coa familia, nos estudos, na política…
Non obstante, para nós tamén é importante constatar se realmente a sociedade nos ve ás persoas con problemas de saúde mental ou se somos totalmente invisibles, ou se só se ve de nós unha parte incompleta. Isto é, se cabe, máis importante que nunca nunha situación como a que estamos a vivir.
Neste concurso poderá participar calquera persoa residente na comunidade autónoma de Galicia que estea vencellada á saúde mental ou pertenza a algunha entidade de Saúde Mental FEAFES Galicia: persoas participantes nos servizos ou programas, familiares, persoas achegadas, amizades, persoas voluntarias ou colaboradoras, etc. Cada participante poderá enviar dúas fotografías.
O prazo para a recepción das propostas rematará o día 30 de xuño ás 12:00 do mediodía. Asfotografías e a documentación requirida serán enviadas por correo electrónico a comite.primerapersona@feafesgalicia.org.
Aquí podes consultar as bases do I Concurso fotográfico “MÁIS ALÁ DO CONFINAMENTO”.
Dende aquí animámosvos a todos e a todas a participar, pois nestes tempos tan excepcionais que estamos a vivir, a nosa mirada é moi importante.
Ben vidas e ben vidos!
Que tal?
Paréceme moi interesante este concurso.
Xa me tarda ver as fotos dos e das Artistas que andades polo Mundo espallados.
Sorte a todas e todos os que facedes posible este blog.
Saudiños
Me gustaLe gusta a 1 persona
Me gustaría participar en este concurso fotográfico, ” MAÍS ALÁ DO CONFINAMENTO”.
ES UNA IDEA ALENTOSA…
Me gustaMe gusta