Coa chegada do 8 de marzo, o pasado sábado 7 de marzo do 2020, no salón de actos do Concello de A Fonsagrada, pasados uns minutos das 18 horas da tarde levouse a cabo unha charla coordinada e moderada pola Traballadora Social do Concello da Fonsagrada, Alicia Fernández López. Nesta charla que durou unha hora e media, contouse coa colaboración de catro mulleres loitadoras e valentes que coas súas dificultades, rompen estereotipos e se fan camiño nun mal definido ou mal chamado: «mundo de homes».

Esta charla foi anunciada como: Charla Mulleres da Fonsagrada: Rompendo os estereotipos de xénero no traballo.
As poñentes, foron catro mulleres con diferentes realidades que están a esforzarse día tras día para sacar a diante as súas a actividades laborais e ás que lles gusta o traballo que desempeñan no seu que facer diario.
Unha vez acomodadas e acomodados neste xeitoso, coidado e acolledor Salón de Actos, Alicia Fernández López pasou a presentar a un público liderado por mulleres, ás poñentes invitadas.
A sarxenta da Garda Civil da Fonsagrada, Ana Caleya tomou a palabra e pasou a explicarnos a súa andaina contestando ás preguntas que lle foron formuladas.
Intervención que se baseou principalmente en experiencias súas e animou a máis mulleres a loitar polo seu ascenso e por acadar postos de máximo mando, onde sincerándose expuxo os problemas de tantas compañeiras de profesión, que se conforman con aprobar a oposición, tentando ter así unha estabilidade, formar unha familia e deixar delegados no sexo oposto, postos de mando superiores.
Tamén comentou que entre os seus compañeiros masculinos, son reticentes a obedecer ordes de mulleres os máis vellos, pero a xuventude non ten problema.
A continuación interveu Erica Mon Fernández como titular da súa explotación gandeira familiar, titulada Universitaria e criada no día a día dos pros e dos contras do rural.
Implicouse por destacar a despoboación rural e a marcha da xente nova en busca de traballos mellor pagados á cidade.
Tamén destacou a necesidade de coidar aos nosos pais, avós e maiores que con tanto sacrificio e con poucos recursos nos sacaron a diante.
Fixéronlle preguntas que soubo contestar con exemplos do seu entorno.
Por unha banda contounos chea de sinceridade que na súa casa os tratos do gando e demais os levaba súa nai xa que sempre o viviu con gran intensidade.
Como podedes ver Erica ven dunha gran familia gandeira e sobre todo traballadora e loitadora.
Xa vos podedes facer a idea da pregunta que lle formularon a Erica:
Seguen mandando nos cartos os homes e as mulleres traballan sen recibir nada a cambio?
Erica explicou moi ben a súa realidade pero non ten por que saber a realidade da vida de outras gandeiras, así que aí o deixo, un posible tema de estudo: a situación das mulleres submisas por circunstancias do rural e outros ámbitos como poden ser as e os loitadores con discapacidades recoñecidas como pode ser un tan mal visto: a saúde mental.
Pero a pesares das dificultades é moi optimista, loitadora e apaixónalle o seu traballo.
Como anécdota dixo que agradecería ter máis forza pero sería o único problema que solventa enxeñosamente, ou no mellor dos casos pedindo ou ofrecendo axuda a súa veciñanza.
E aproveitou facer o seguinte chamamento á sociedade: Por que non nos axudamos os uns a os outros entre nós?
Nin que dicir teño que se ve que é unha gran persoa, digna de coñecer e tratar.
Con respecto ós seus estudos contounos que lle apaixona estudar e recoñece que lle axuda para facer os trámites e papeleos da explotación.
Preocúpalle como a calquera gandeiro a nova PAC, (Política Agraria Común) diñeiro que lles corresponde por ter os pastizais e pastos sen maleza (silva, toxos, folgueiras) e sexan produtivos para as vacas neste caso.
Todo un mundo que nos descubriu e do que dá para moito.
Chegou o momento da artista plástica Mónica López Alonso, baseada en contestar ás preguntas onde se tratou o capitalismo que truncou coa ilusión do pobo español nos anos 90 que irradiaba fortemente.
E ante esta pregunta as cinco mulleres da charla asentiron a falta de ilusión do pobo.
Mónica estudou Belas Artes e recoñece ser privilexiada pola posición de seus proxenitores.
Ela vive tamén de exercer a docencia e reivindica a calidade das obras da muller xa que collen antes a os homes só por non ter problemas atendendo aos fillos e porque poden dedicarse única e exclusivamente a Arte.
Ese é un dos problemas da mediocridade de moitas obras xa que a boa arte a penas ve luz a pesares da calidade que haxa por teren máis impedimentos e teren que destacar esforzándose moito.
Entre o público había quen falou de que costa moito traballo vivir da arte a pesar de ter estudos.
Por outra banda saíu o tema de que somos as mulleres as que temos o poder de unírmonos e loitar pola igualdade no traballo.
O broche de ferro púxoo unha ferreira, Paz Prieto Álamo, que traballa como autónoma no Mazonovo con traballos de restauración que van xurdindo por encargo.
Antes de dedicarse a isto deixouse guiar por facetas similares.
Tentou traballar e vivir da artesanía por León traballando con coiro.
Nestes tempos non ten traballo pero ten a esperanza de seguir como autónoma nesta faceta.
Está mais ca feliz co seu traballo e a forza non é problema.
Así que para rematar eu ánimo a todos e todas a que loitemos porque a vida trata de saltar obstáculos, aprender, saír da zona de confort e non estancarse.
E por reavivar a ilusión no día a día, pois iso está na man de cada quen.
Moito ánimo.