O día 1 de abril comezou o prazo para facer as contas co fisco. De seguido co IRPF comeza unha campaña chamada X Solidaria, para animar aos contribuíntes a marcar na súa Declaración da Renda o cadrado de “Fins Sociais” (o cadrado 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social”).
Nós, O Comité Galego En Primeira Persoa de FEAFES Galicia, intentamos traballar a prol dos nosos dereitos e loitar contra o estigma asociado aos problemas de saúde mental. Queremos animarvos a marcala porque nos axudades a seguir adiante nesta loita.
Velaquí os deixamos máis razóns para marcardes o recadro 106.
Premede aquí
Máis información en: