Grazas ao documento de Instrucións Previas, chamado Testamento Vital noutras rexións, unha persoa capaz, libre e maior de idade, anticipadamente manifesta a súa vontade sobre os tratamentos e coidados que podería precisar no futuro e o destino final do seu corpo, coa fin de que esta sexa respectada no momento en que por determinadas circunstancias non poda expresala persoalmente.
É unha guía que serve de axuda aos profesionais sanitarios para respectar en cada momento a súa vontade.
Infórmate e mantén unha entrevista cos profesionais, para reflexionar sobre situacións futuras que poidan suceder e compartir a súas inquedanzas.
Máis info Aquí