Todos contra o suicidio.
Entre todas as persoas que formamos parte da sociedade, deberíamos concienciarnos e facer todo o que está na nosa man por loitar para que a xente aprecie a vida obtendo una sociedade feliz e unida.
Eu considero que é moi importante una boa educación tanto por parte dos pais, irmáns, avós, coma escolar e social. Considero importante inculcar uns valores e establecer e empregar as regras básicas de convivencia.
Con respecto a quitarse a vida, fago alusión ó comentario que saíu na televisión pedindo máis profesionais e medios para actuar a tempo e así evitar as traxedias, xa que é una causa de morte demasiado alta e innecesaria.
Esta sociedade debería concienciarse, ser máis unida, sociable, humana, comprensiva, razonable e ter interese por axudármonos entre todos, deixando de lado rivalidades ou tanta competividade.
É preciso un trato máis cercano e humano, no que contemos cos nosos maiores e que todos interactuemos e aprendamos no día a día. Considero que é moi importante que se realicen tarefas en conxunto, dende a familia ata a sociedade evitando a marxinación e o illamento, creando máis vida social sá, quedadas por rúas e parques, ir de paseo e facendo deporte, de tal xeito que así se chegue a algo positivo e productivo.
É moi importante poñerse no sitio das persoas e intentar axudalas ou apoialas para que acudan ao psicólogo ou psiquiatra, pois collendo a tempo os problemas de cada quen evítanse enfermedades máis complexas ou graves.
Entre todos deberíamos de ver con optimismo e bos ollos ao psicólogo ou psiquiatra, e entre eso e o que cada quen aporta, pódense facer grandes cousas.
Asinado: Galicia Salvaxe