Situación da Saúde Mental en Galicia

Os problemas de saúde mental son unha realidade moito máis prevalente do que parece. Segundo a memoria de FEAFES Galicia de 2017, o número de persoas con problemas de saúde mental en Galicia xa sobrepasa, aproximadamente, as 55.000 persoas, das cales, caseque 43.000 residen nas provincias atlánticas (sobre 22.300 na provincia de Pontevedra e 20.700 na da Coruña). O resto residen nas provincias do interior (sobre 6.600 na provincia de Ourense e 5.500 na de Lugo)

photo of head bust print artwork
Photo by meo on Pexels.com

En canto á idade destas persoas, máis da metade (sobre o 53%) teñen entre 19 e 59 anos, e algo menos do 47% teñen máis de 59 anos. A enfermidade mental segue sendo a 2ª causa de discapacidade en Galicia (18% de persoas con discapacidade en Galicia), só por detrás da física.

Segundo o tipo de diagnóstico, en 1º lugar aparecen os trastornos do estado de ánimo (con máis de 26.100 persoas), seguido da esquizofrenia e outros trastornos psicóticos, con máis de 9.600 persoas. En 3º lugar están os trastornos da personalidade, con máis de 6.600 persoas. Xa con máis de 4.700, máis de 4.300 e sobre 2.750 aproximadamente aparecen os trastornos adaptativos, os da ansiedade e os de dependencia de sustancias aditivas.

Por iso, debemos reivindicar unha maior visibilidade dos problemas de saúde mental, para que sexan tidos en conta na medida que merecen tanto por parte das administracións e poderes políticos como da cidadanía xeral.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.