Se hai algunha prestación que cobran moitas persoas afectadas por unha enfermidade mental na nosa terra é a Pensión no Contributiva (P.N.C.), fundamentalmente de Invalidez. É una prestación económica individualizada para maiores de 18 anos e menores de 65, cun grao de discapacidade igual ou superior ó 65% e que non teñan recursos económicos suficientes.
Para este ano 2018, a contía mínima de 92,50 € aprox. e unha contía máxima de 370 € aprox. en 14 pagas ó ano. En realidade, en Galicia son 14,5 pagas ó ano, debido ó complemento extra de primeiros de ano, de 206 €, que se percibe na primeira quincena de Xaneiro.
Se a discapacidade e igual ou superior ó 75% e é necesario a axuda doutra persoa para os actos esenciais da vida diaria, percibirase un complemento do 50% da prestación.
Implica as seguintes 2 obrigas:
- Declarar anualmente os ingresos obtidos cada ano e facer unha previsión dos do ano seguinte.
- Comunicar nun prazo máximo de 30 días calquera modificación referente ó estado civil, de convivencia e de residencia, percepción de ingresos, realización de traballos, etc.
Por último, a P.N.C. é incompatible coa RISGA, coa Renta Activa de Inserción e máis coa Prestación por Fillo /a a cargo minusválido.